lunes, 18 de octubre de 2010

A historia do meu avó


Acabo de acordarme de como coñecín ao meu avó postizo .
Un día que ía pola rúa fai vinte anos encontreime a un home que aparentaba ter uns cincuenta
anos de idade .
Estaba sentado nun pequeno banco que había nunha plaza as aforas dun pobo , e tiña un pequeno
acordeón nas súas mansco que se gañaba a vida .
Eu pasaba por alí cunhas moi boas amigas e chamounos moito a atención as maravillas que podía
facer con aquel instrumento .
Como nos chamou tanto a atención sentámonos ao seu carón para poder escoitar máis tempo aquela maravillosa música que so ese home sabía tocar .
Preguntámoslle onde aprendera a tocar o acordeón e él contestounos que aprendera só porque tiña que gañarse a vida dagunha maneira .
Tamén díxonos que levaba desde os doce anos vivindo na rúa porque os seus pais morreran de tuberculose fai moitos anos e non tiña máis familia .
Nosoutras cada vez estábamos máis sorprendidas coa música e a vida daquel pobre home ,
e como deunos tanta pena levámolo para casa con nós .
Desde ese día fómonos coñecendo pouco a pouco e montamos todos xuntos un pequeno grupo
de música que aínda sigue tocando nas pequenas festas dos pobos.

Escoita aquí a música:

1 comentario: